‘O primeiro traballo de 😲👏 evidencia a fascinación polo imaxinario libertador de The Last Poets mais o discurso do dúo da Fonsagrada vai máis alá e percorre camiños inéditos que entroncan con pólas tan diversas da cultura galega coma os relato etnobiográficos dos Retrincos de Castelao, o militante vangardismo feito-na-casa da música de Apeiron ou os azos rachadores dos primeiros Resentidos. Nos miúdos estalotes narrativos do seu adictivo rap lo-fi minimalista (ao que el*s chaman bafi, baixa fidelidade) hai espazo para a poesía, a costumismo, a metafisica, o etnográfico e mesmo a carallada, conformando unha proposta radical -no ético mais tenra no estético- inzada de retrousos de instintiva vocación popeira.’

(A Regueifa Plataforma 2.0)

Data de publicación:
12 de maio de 2022
Data de gravación:
11 e 12 de marzo do 2022 no Laboratorio Soyuz co Hevi.
Edición:
Ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0

A letra de ‘Non podo’ inspírase en recordos recorrentes de Clo Plas, de Ana Salgado e de Xoanxo Molina.

Para que Clo Plas actúen na túa festa ou na túa cociña contacta con nós en : cloplasbafi@gmail.com

Escoitar en archive.org
Escoitar en bandcamp

Clo Plas: bafi

EP
2022


Música, voces e letras:
Xiana Arias e Berio Molina


Capa e debuxos:
Mariña de Toro


Gravación e misturas:
Hevi


Produción:
Hevi e Clo Plas