Deseño do novo Ep de Mequetrefe

Hoxe acabamos de publicar no netlabel alg-a o novo Ep de Mequetrefe, cuxo deseño da portada e contraporta fixen eu.

É unha vaca-mequetrefe enchéndose de espaguetis á boloñesa. Ao principio iamos facer un peliqueiro coa cara de mequetrefe e coa vaca como animal da cachola, pero logo decidimos facer unha vaca poñéndose cega de espaguetis, facendo referencia aos dous temas do EP We all are cows e Spaguetti”s rain.

Os créditos das imaxes das vacas son como siguen:
Imaxe da portada por Alejandro Berrío (wooden albeiro ariztizabal en flickr).
Imaxe da contraportada por Juan Reig (jur025 en flickr).