Radio Cu Cu

Full HD
20:36
2021

Unha emisora de radio recolle imaxes de cámaras de vídeo-vixianza sobre as que superpón a súa propia voz, o seu son. As imaxes proceden de todas as partes do mundo e de todo tipo de lugares: outras radios, casas de baño, fogares, rúas, fábricas, tendas, edificios, prados, etc…

O equipo da radio pregúntase sobre a identidade das persoas que aparecen nas imaxes e xoga coa súa apropiación, coma se fose o niño no que o cuco deixa os seus ovos para que outro paxaro os críe.