Acción de desocultamento. De retroalimentacións entre un corpo e dúas máquinas. Silencio e ruído. Variacións arredor do acople, da distancia e da ocupación. Movementos e caídas.

Vós, os espectadores, observarédelo coma se fora un monstro.
Eu, o obxecto, nos erros das máquinas.

A acción ten unha duración aproximada que vai dos vinte aos trinta minutos. Desenvólvese por partes de duración variable. Acontece no exterior e sérvese de todo o espazo que a rodea.

Micro, ampli, corpo no Sons Creativos
Imaxes de Marcos López Álvarez

Micro, ampli, corpo

Acción. Un corpo, un amplificador de baixo, un micrófono. 30 minutos.