Un accionista entra nun bar.
Uns espectadores quedan fóra, sentados na beirarrúa.
O accionista vai á cabina telefónica do propio bar e chama ao seu móbil. Un dos espectadores contesta e cóntalle que vai a facer un curtocircuíto no bar. Que llo diga ao resto.
O accionista colga e pide un café con leite e un croissant. Paga.
Séntase nunha mesa ao carón dunha ventá, dende onde pode ver aos espectadores e onde hai un enchufe ao seu pé. Unha amiga estaba sentada aí gardándolle o sitio. Foise xusto antes de que o accionista entrara no bar e é quen grava a película coa súa cámara de vídeo.
O accionista leva un garfo preparado no seu peto, ten os dentes do medio dobrados de forma que sobresaen uns cornos que coinciden xusto cos furados dun enchufe. Heavy metal \m/
Deixa caer o garfo de comer o croissant, saca o garfo preparado do seu peto e ao agacharse crávao no enchufe.
Apáganse todas as luces, a televisión, a máquina quitacartos…
Levántase e sae do bar.

O Garfo

Mini dv
05:09
2018