officmc mercores

Coeval
Afrouzen
Nick Collins vs Ge Wang
Pleasurehorse + Solu

Programación e videos do mércores:

Coeval
Afrouzen
Nick Collins vs Ge Wang – intro
Nick Collins vs Ge Wang – accion
Pleasurehorse & Solu

Coeval .es
Coeval é un grupo malagueño formado por Juan Carlos Blancas e José Alberto Gaspar, para o ICMCOFF fixo un concerto escuro e abstracto, preparando o ambiente para que a imaxinación buscara analoxias sonoras con paisaxes da memoria. Técnicamente mesturaron grabacións de campo con procesado dixital. Personalmente gustoume moito.

Afrouzen .us + .uk
Afrouzen son un colectivo de tres improvisadores electroacústicos, formado polo compositor Seamus Cater(laptop), o instrumentista e compositor Petre Radu Scafaru (ventos) e o percusionista e compositor Qasim Ali Naqvi (percusión e laptop).
Electroacústica donde nunca nada sona igual e donde o importante son os ruídos e a exploración acústica e sonora do instrumento, así como a improvisación e a exaltación da dinámica. O concerto non estivo mal, sobre todo na sección de ventos e percusión.

Nick Collins vs Ge Wang .uk + .us
Nick utiliza o SuperCollider para manipular algoritmos musicais en tempo real e Ge utiliza ChucK, unha lenguaxe de programación creada xunto a Perry Cook (http://chuck.cs.princeton.edu), que utiliza en vivo para manipular programas de síntese.
No OFF ICMC fixeron unha actuación realmente sorprendente e fantástica, desde a introducción do seu concerto, donde foron presentados como dous boxeadores dispostos a pegarse de hostias, con golpe de peito incluído.
Personalmente nunca vira nada como o que fixeron estes dous coquitos, como si foran os típicos estudiantes universitarios, compañeiros de clase, e como si o concerto fora unha especie de celebración donde os chavales máis avanzados son como heroes dispostos a comerse o mundo dándolle a uhas teclas, como nas películas. Por un lado Nick Collins iba programando en SuperCollider, e a medida que iba programando o código era interpretado en tempo real, polo que o máis que facía Nick para que todo sonara era escribir no terminal do seu ordenador, só escribir. Pola outra banda Ge Wang, sentado enfronte del, tamén iba escribindo código para poñer a funcionar a ChucK, aínda que Chuck ademáis de lanzar sonido, tamén lanzaba unha animación dun boneco simpático e perverso.
Mentres iban manipulando os respectivos códigos, a través do editor de texto, lanzaban mensaxes ó público sobre o proceso que facían, así como aproveitaban para gastar bromas e picarse entre eles.
En fin, unha boa oportunidade para ver conceptos de música novos e refrescantes, e unha posta en escea moi peculiar e interesante. Moi motivador

Pleasurehorse + solu .us + .fi/bcn
Shawn Greenlee (pleasurehorse) pretence á aterrorizada escea musical de Providence (Rhode Island, Estados Unidos) e foi membro do grupo de rock frenético Landed. Solu é unha axitadora visual e activista cultural finlandesa, que se encargou de poñer imaxaes en tempo real.
Para o OFF ICMC, plasurehorse fixo unha actuación terrible e contida de furia, a base de ruído roto e arítmico que se movía rápidamente polo espacio da sala, seguindo o xesto impulsivo imposto por Shawn. Un xesto deste músico e caía un ruído, como se dubuxase raios no espacio co movemento do seu brazo.
Técnicamente usou o max/msp como software de xeración sonora e como interface utilizou dous pens nunha tableta gráfica e un potenciométro xigante, supoño que construído por el mesmo. O uso dos dous pens é o que facía a música tan xestual, unha interface moi ben usada, aparte que visualmente quedaba moi impactante, é como si levara dous coitelos na man, e fose asesinar a mesa donde tiña a cacharrada.
Pola súa parte, Solu acompañou visualmente o set proxectando cámara en vivo enfocada a Shawn e parte do público asistente, proxectando en tempo real, sobre todo mediante máscaras e filtros a ruído, moi acorde coa música. Estivo moi ben, tamén, Solu. Empregou asimesmo max/msp/jitter.