Clo Plas: bafi

‘O primeiro traballo de 😲👏 evidencia a fascinación polo imaxinario libertador de The Last Poets mais o discurso do dúo da Fonsagrada vai máis alá e percorre camiños inéditos que entroncan con pólas tan diversas da cultura galega coma os relato etnobiográficos dos Retrincos de Castelao, o militante vangardismo feito-na-casa da música de Apeiron ou os azos rachadores dos primeiros Resentidos. Nos miúdos estalotes narrativos do seu adictivo rap lo-fi minimalista (ao que el*s chaman bafi, baixa fidelidade) hai espazo para a poesía, a costumismo, a metafisica, o etnográfico e mesmo a carallada, conformando unha proposta radical -no ético mais tenra no estético- inzada de retrousos de instintiva vocación popeira.’

(A Regueifa Plataforma 2.0)

Créditos

Data de publicación: 12 de maio de 2022
Música, voces e letras: Clo Plas
Capa e debuxos: Mariña de Toro.
Gravación e misturas: Hevi no Laboratorio Soyuz o 11 e 12 de marzo do 2022.
Produción: Hevi e Clo Plas.
Edición: ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0

A letra de ‘Non podo’ inspírase en recordos recorrentes de Clo Plas, de Ana Salgado e de Xoanxo Molina.

Para que Clo Plas actúen na túa festa ou na túa cociña contacta con Urdime: distribucion@urdime.net

Escoitar en archive.org
Escoitar en bandcamp