Omnipresenza do tropicalismo performance

Omnipresenza do tropicalismo

Alejandra Pombo: voces, corpo e obxectos
Berio Molina: voces, corpo e obxectos
Xoán-Xil López: órgano
Duración: 45min

Instrumentos propios e estranos: voz, tunicata, orinaco, bichería, palmadeiras… nunha  contorna para deixarse levar pola emoción. Sempre empurrando a montaña na procura dunha emoción. Unha e outra vez reclamándoa para poñelo todo en chamas ao estilo de droga tropical: o carbón como piña colada, as cinzas froita da paixón e o gas, guaraná que nos manterá en trance ata o final. É que o que está máis aló das planicies non se pode saborear. Dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme dúas torradas ben molladas de manteiga para que se me pegue todo, todo, todo. Ese todo que se escapa e que é máis que a suma das súas partes. Nos fragmentos está o todo e non no todo os fragmentos: a sublimación do singular. O demais é cortiza chea de soidade que non alimenta a verdade.

Perdoade o baile.

Apertas


Estrea: outubro de 2020 na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Festival Plataforma.