Fubarta é unha peza que se creou para a rodaxe do filme 7 Limbos. É o elemento principal dun dos sete capítulos que ten a película. A acción tivo lugar na fábrica abandonada de Massó no mes de maio do 2017. Massó era unha factoría baleeira. Fubarta colle o nome das baleas Xibardo (Yubarta en castelán), coñecidas pola complexidade do seu canto:
Alén de súas acrobacias acuáticas, os xibardos son coñecidas por seus longos e complexos cantos musicais. Emiten, durante horas ou até días, patróns de notas graves que varían de amplitude e frecuencia, repetindo secuencias de forma coherente e organizada.
A canción, propia de cada balea, evoluciona lentamente durante súa vida e nunca volve a unha secuencia de notas xa cantada, mesmo anos despois.
wikipedia
O drone sonoro creado por estas baleas serve de inspiración ó drone creado por Fubarta, que ao mesmo tempo recorda a unha gaita.
Está elaborada con látex, bambú e pallóns de gaita. Para a súa instalación emprégase un motor de aire, un temporizador, ancoraxes e cordas.
Fubarta foi presentada na exposición Diafonías, dentro da programación da 14 edición do Curtocircuito, Festival de Cine de Santiago de Compostela no Centro ABANCA Obra Social da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela xunto a outros cinco traballos de Christian Marclay, Nader Koochaki, Ulobit, Vázquez/Arrieta e Xabier Erkizia.
Fubarta forma parte tamén doutra instalación máis complexa que leva por nome Escapes, e que recibiu o primeiro premio no X Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.
Fubarta
Látex, pallóns, bambú, 1 temporizador, 1 inflador eléctrico, cordel encerado, corda.