Recopilatorio alg-label#2 [alg026]
A composición Cáumico incluído no recopilatorio#2 do netlabel alg-a.
O tema Cáumico é a miña colaboración ao Recopilatorio#2 do netlabel Alg-a que celebra os 25 primeiros traballos editados cunha edición de 104 copias en Cdr e a súa versión on-line.
Cáumico é un fragmento máis do proxecto Fola, e será incluído neste proxecto pasado un tempo, quizais nunha nova versión.
Podedes ver a publicación oficial deste recopilatorio na páxina do netlabel.
Con temas inéditos de artistas sonoros editados en alg-a:
Maina, Longina, Kenneth Kischner, Do, Madame Cell, Brian Lavelle, Maina, Durán Vazquez, Mig, @c, Xe, Neno escuro, Anacrusa e Thanos Chrysakis.
- Cáumico
![compilatorio_orixinal.jpg compilatorio_orixinal.jpg](https://beriomolina.com/local/cache-gd2/a4/d551ba2e0c1b015babc416cd4c96d7.jpg?1455737676)