![Libro setras sobre caligrafía sonora. O sonido das letras](https://beriomolina.com/wp-content/uploads/2017/10/setras-libro-fulgencio-pimentel-1-1701x1080.jpg)
Setras está publicado pola Editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida coa colaboración da Fundación Mayeusis de Vigo. Ten 120 páxinas e inclúe un disco vinilo de 7” fabricado coa técnica “locked grooves”, 26 sucos pechados que conteñen candansúa setra. Conta ademais coa colaboración de Liqen nalgunhas ilustracións.
Setras é un libro que expón unha teoría acusmática da escritura, do xesto caligráfico. Basease inicialmente na anulación da súa compoñente visual e da súa representación fonética para desvelar unha escritura fóra da linguaxe e da semántica.
Setras recibiu o Premio Especial do Xurado na primeira edición do Puchi Awards e a finais do 2018 recibio o Premio ao mellor libro de arte no Premio José Lázaro Galdiano do Goberno de Navarra.
Setras
Libro. 120 páxinas
Editorial Fulgencio Pimentel. La Casa Encendida
2017