officmc sabado

Aleatory Grammar
Envyloop
Electroliving + Autonomía
epy

Programación do sábado e videos:

Aleatory Grammar
Envyloop
Electroliving + Autonomía
epy

Aleatory Grammar
Aleatory Grammar son Mark Cunningham á trompeta e Jakob Draminsky na laptop co max/msp. Aquí temos ó mítico membro de Mars Mark Cunningham e a Jakob facendo un concerto cargado de emotividade e escuridade, a xente decía que a súa música lles recordaba as atmósferas crearadas por David Lynch para as súas peliculas, e a verdade é que a sensación de ensoñación extrana e sucia aínda que minimal encaixaba moi ben.

Envyloop
Envyloop está formado por Ulrich Maiss e Butch Rovan.
Ó principio comezaron a actuación tocando unha barra de pan sónica, que acabou saltando polos aires. Logo tocaron cellos electrónica e voces por un lado, e polo outro ventos, laptop e vocales.

Electroliving + Autonomía
Electroliving son Juan Sorrentino coa música, e Pepe Marriot coas imaxes.
No off icmc fixeron un concerto que perfectamente poderiamos oír no salón da casa, xa que tiña ese toque hogareño, con eses teclados de suposta calma e benestar, e eses bombos graves e extensos, que remitían comodidade.
As visuais basadas en parte no erro en flash estiveron moi ben, lidas directamente desde unha memory-stick. coherencia e sutileza formal + error dixital.

epy
epy son Stefan Holek, Günter Geiger, Leo Hass, Nestor Pridun e Klaus Voltem,
De epy detacariamos a potencia da súa música e como non, as visuais, feitas con gem e con pd, mantivonos un bo tempo pillados mirando para a pantalla, no video podedes ver fragmentos do que proxectaron…Moi ben.

Este foi o último día do festival, polo que tamén aquí se acaban estas minicrónicas. Só queda dar a enhoraboa á organización e as gracias por ter feito unha programación tan boa e suxerente, imos botar de menos estes dias que pasamos no metronom e da pena que se acabe, pero en fin…
Destacar o bo ambiente que houbo en todo momento, as caras sorrintes dos asistentes e a accesibilidade dos músicos e artistas das instalacións que estaban alí en todo momento para contestar as preguntas da xente e atender a tódolos curiosos que se acercaban por alí. Tamén dar as gracias porque o festival fora gratuíto e por eses pequenos detalles como de que houbera cerveza shareware durante todo o evento. Recalcar o esforzo da organización e dos artistas que é impagable, e aínda sabendo que non se repetirá, é bo saber e comprobar que hai xente que ve a arte con ilusión, que a vive e a disfruta profundamente e que están dispostos a morrer xóvenes.
Tamén dar as gracias a Chiu Longina e a Sinsalaudio unha vez máis, por deixarnos espacio no seu servidor para colgar algúns dos videos que estivemos vendo durante estes dias, e a mediateletipos pola difusión… e como non á comunidade alg-a por existir.

Queda pendente a crónica do que pasou o primeiro dia do festival, o luns, que non a fixen porque se me descargou a batería da cámara e non poiden tomar videos do que pasou, foi unha pena, pero en fin.

O dito, gracias a todos. Chao.