Remate da residencia de investigación do programa Cultura Resident

Festival Cultura Resident
Museu de Belles Arts de Castelló
Xoves 27 de xuño 2019 a partir das 18:30h

Remata o programa de investigación Cultura Resident e celebramos o festival de clausura o vindeiro xoves 27 de xuño. Será no Museu de Belles Arts de Castelló a partir das 18:30h, onde presentaremos os diferentes proxectos becados polo Consorci de Museus de la Generalitat Valenciana.

Participan Hyperstudio, Estela Sanchís, Lorena Mulet e Marco Ranieri e eu mesmo. Falarei de Sonas, un traballo que continua coa coa liña aberta en Setras e que forma parte dunha investigación máis ampla arredor da acusmatización da escritura, tese que estou levando a cabo no programa de doutoramento da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.