Ficha

Composición: Berio Molina
Textos: Alba Cid
Compilación textos: Clube Espeleolóxico Maúxo
Compilación imaxes: Ramon Almuinha
Gravación sonora: Xoán-Xil López e Berio Molina
Imaxe cartel: Gustav Henningsen

Produción: aCentral Folque, Sétima, Acusmaser

Baseado no libro Tesouro Espeleolóxico Galego da editorial aCentral Folque.

Furada Negra. Curtametraxe de Berio Molina

Sinopse

Unha picaraña, unha radial, incluso unha pistola. Estas memorias do inframundo comezan cun son seco, violento, como corresponde a todo acto de subtracción. Un só disparo esboroa en cuestión de segundos calquera sinfonía xeolóxica, os miles de anos necesarios para que as estalactitas e as estalagmitas se formen, centímetro a centímetro, nun sutil proceso de goteo. Do teito ao chan, unha translación milenaria de calcita. Un tour de force, a historia do planeta.

Unhas furadas cantan suaviño, pero outras provocan arrepíos. Así, cun tremor na raíz da espiña dorsal, comezan estas memorias do inframundo.

(Reconstrución dun texto de Alba Cid para o libro Tesouro Espeleolóxico Galego)

Cartel película Furada Negra

Gravacións

A Furada está composta por material de arquivo anterior ao ano 1970 que o Clube Espeleolóxico Maúxo foi recopilando cos anos, de onde se colleron as imaxes e textos que conforman o libro O Tesouro Espeleolóxico Galego. Pero no caso do son non se tiña coñecemento de gravación algunha das covas galegas, e foi por iso que decidimos ir a recoller algunha delas.

Podedes consultar este arquivo sonoro na páxina de xscxxtxr: Covas, furnas, túneles… memoria sonora do inframundo.

Furada Negra

Full HD
22:44
2025

Con:
Alba Cid
Xoán-Xil López
Ramon Almuinha
Club Espeleolóxico Maúxo