RESUMEN:
Isto é unha procura da maxia, unha investigación que intenta responder, coa rabia de quen foi seducido, a unha mesma pregunta que sempre nos xorde ao ver un traballo de Alejandra Pombo Su: como fai para escapar? cales son as súas estratexias para actuar coa máxima liberdade posible
nun contexto artístico cada ver máis controlado por inxerencias institucionais, sociais e profesionais?
Este artigo xira arredor dunha conversa persoal coa artista, así como de lecturas e visionados doutras fontes documentais como a súa tese, entrevistas, escritos e pezas artísticas.
O artigo foi publicado tamén no número 34 do volume 12 da revista Estúdio, Artistas sobre outras Obras e que se pode descargar do seguinte enderezo
As técnicas de escapismo na obra de Alejandra Pombo Su
Este artigo foi publicado no libro de actas do congreso XII Congresso Internacional CSO, Criadores Sobre outras Obras
Páx.235
2022