O son en devuison
O tratamento do son en Devuison responde a dúas interaccións básicas que se corresponden a dúas liñas de tempo.
Por un lado temos unha liña de tempo xeral:
que se move de arriba abaixo e vai disparando samples a medidas que se atopa con debuxos de liña verticais. Cada debuxo ten un son propio que é o que vai disparando. O percorrido vertical feito pola liña de tempo depende do espazo ocupado polos debuxos. Así se tan só hai unha liña debuxada, a liña de tempo percorrerá a altitude dese debuxo, e si hai moitas liñas debuxadas a liña de tempo percorrerá o alto de tódolos debuxos.
Por outro lado temos unha ou varias liñas de tempo correspondentes a cada un dos debuxos:
Neste caso, ademais de disparar un sample asociado a cada debuxo (cada un ten asociados dous sons, un son de tipo “golpeo” disparado coa anterior liña de tempo, e outro son de tipo “continuo” disparado nesta liña de tempo). O son é manipulado en toda a lonxitude do debuxo. É dicir, ao mover a cara, o debuxo faise máis curto ou máis longo, o que fai que o son mude, facéndoo máis agudo se é máis curto xa que a liña de tempo tarda menos en percorrer o debuxo, e máis grave se é máis longo, xa que a liña de tempo tarda máis.
Está é a interacción básica, pero hai máis posibilidades de interacción do son ca liña, como que por exemplo que a velocidade da liña de tempo se axuste á velocidade coa que se debuxa a liña.
TODO:
1. Pan: Dependendo de se os sons se atopan no lado dereito ou esquerdo do encadre da proxección, facer que estes se paneen para un lado ou o outro. Esto daría moito xogo por exemplo cando o performer move a cara para un lado e o outro, movendo tamén consigo os sons.
2. Que cada son-debuxo teña unha velocidade independente, dependendo da velocidade coa que foi feito o debuxo.
3. Facer variacións dun mesmo sample para que este non sempre soe igual cando é executado pola liña de tempo xeral.
Os sons empregados na versión actual do programa, son sons emitidos pola boca.
Estes son os sons empregados, gravados no estudo pumpun con María Roja:
- Friccións
- Fricción 01
- Fricción 02
- Fricción 03
- Fricción 04
- Fricción 05
- Fricción 06
- Fricción 07
- Fricción 08
- Fricción 09
- Fricción 10
- Golpes
- Golpes 01
- Golpes 02
- Golpes 03
- Golpes 04
- Golpes 05
- Golpes 06
- Golpes 07
- Golpes 08
- Golpes 09
- Golpes 10
- Ritmos
- Ritmos 01
- Ritmos 02
- Ritmos 03
- Ritmos 04
- Ritmos 05
- Ritmos 06
- Ritmos 07
- Ritmos 08
- Ritmos 09
- Ritmos 10
Os sons están baixo licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Spain
Descárgaos gardando o seguinte arquivo comprimido:
_