A tu bola

Programa en processing e pd para xenerar son e gráficos. Unha bola móvese por tuberías de cores xenerando patróns visuais e ritmos.

Atubola trátase dun soundtoy donde se buscan as relacións entre as dimensións auditivas e as visuais.

Atubola foi feito dentro do contexto do Máster en Artes Dixitais en febreiro do 2005, e estivemos involucrados no proxecto Ricard Marxér, Rebecka Biró, Jorge de Guzmán máis eu. Aínda que toda a programación do código de processing fíxoa Ricard Marxér.

O programa consiste no descubrimento de ritmos sinxelos, creando tuberías de cores e pelotas que rebotan dentro.

O programa está escrito en processing na parte gráfica:

e na parte sonora con PureData. Para poder empregar o son é preciso descargar e abrir este patch en PureData:

Para ver o programa en acción, ide á seguinte ligazón:
http://www.ricardmarxer.com/grafisme/atubola/atubola.html

Funcionamento:
1. Fai clic sobre o espazo en negro e arrastra o rato, verás como se forma un rectángulo.
2. Volve a facer clic e arrastra o rato, sobre o rectángulo que acabas de crear. Verás que aparece unha bola que se move unha vez que soltas o botón do rato.