Microasterismos de Ohn no III Aniversario do Liceo Mutante

O sábado 19 de xullo estivemos no Liceo Mutante con Ohn para accionar Microasterismos.
Era o III Aniversario do Liceo.

Cartel:

venres 18

Soledad Vélez:
Cantautora caústica, intensa, de estilo único.
Algo coma folk.
http://soledadvelez.bandcamp.com/

Atomizador:
Psycho pop-folk. Turboukelele.
A máxima expresión, o futuro da música popular.
http://atomizador.bandcamp.com/album/pop-radical

Djalminha:
Amor infinito polos Minutemen o odio polos pitis.
Festa de non gardarse.
http://djalminha.bandcamp.com/

Pinga Teatro | Cans / Hermano John
Vaia dúas pezas, dous elementos.
Andarán polo xardín!
https://www.facebook.com/pages/Pinga-teatro

Teatro da Falúa | Flying Circus
Ninguén espera á Inquisición Española, pero nós si!
https://www.facebook.com/falua.teatro

Sábado 9:

Negro:
Torsión da guitarra e o son, con agarimo e clase.
Extrema atención e emoción.
http://lacastanya.bandcamp.com/album/formaci-n-del-esp-ritu-nacional

Equations:
Berros e disto. Matemáticas cúbicas, exponenciais, emocionais.
Veñen dende Porto, van de tapados do Mundial, e fliparás.
http://equations.bandcamp.com

Cuchillo de Fuego:
Jaime Peñafiel. Ivonne Reyes. Alfa Romeo.
A banda da próxima década. Tés que estar. ES UN DÍA EXCITANTE.
http://cuchillodefuego.bandcamp.com/

Ohn (Berio Molina + María Roja) | Microasterismos
Eles transitan o espazo existente entre a imaxe e o corpo. Ilusión a tope.
http://vimeo.com/87025438

Alba Blanco Boga | La Casa
Ti es o narrador. Ti fas o libro. Ou ti, case, ES o libro.
http://www.albablancoboga.com/la-casa