Unha persoa entra nun bar.
Outras quedan fóra, sentadas na beirarrúa.
A primeira vai á cabina telefónica do propio bar e chama ao seu móbil. Unha das de fóra contesta e cóntalle que vai a facer un curtocircuíto no bar. Que llo diga ao resto.
Colga e pide un café con leite e un croissant. Paga.
Séntase nunha mesa ao carón dunha ventá, dende onde pode ver ás persoas de fóra e onde hai un enchufe ao seu pé. Unha amiga estaba sentada aí gardándolle o sitio. Foise xusto antes de que entrara no bar e é quen grava a película coa súa cámara de vídeo.
A persoa que entrou no bar e que chamou por teléfono leva un garfo preparado no seu peto, ten os dentes do medio dobrados de forma que sobresaen uns cornos que coinciden xusto cos furados dun enchufe. Heavy metal \m/
Deixa caer o garfo de comer o croissant, saca o garfo preparado do seu peto e ao agacharse crávao no enchufe.
Apáganse todas as luces, a televisión, a máquina quitacartos…
Levántase e sae do bar.





O Garfo
Mini dv
05:09
2018