ti sofres…
O ritmo frenético da música contrasta co estatismo do performer, este contraste chama a atención do espectador que ve como unha acción tan dinámica no sonoro non se corresponde cunha resposta no visual (o accionista permanece totalmente estático, mentras que o son sae coa súa máxima potencia dos altofalantes que ten ubicados nas orellas)(...)
+ Espectador
+ Fugazi
+ Tensión
+ Emoción
O son que sae do transistor é do grupo FUGAZI, grupo de Washington que a través do seu selo discográfico Dischord abanderaron a música independiente americana dende os anos oitenta ata a actualidade, coñecidos pola súa coherencia ideolóxica e musical, chegouse a crear un movemento social, relacionado cun dos seus anteriores grupos: Minor Threat, chamado “straight edge” que se caracterizaba, xeneralizando, por levar unha vida sen beber alcohol nin tomar drogas, sen comer carne e facendo o amor só coa persoa que realmente amaban. Os membros de Fugazi, vendo as consecuencias que desencadeara a súa anterior agrupación, chegaron a declarar que nunca máis volverían a facer unhas letras explícitas, onde pretendían que o seu significado estivera claro, xa que era entón cando peor se interpretaban, e a claridade da súa mensaxe non deixaba lugar a dúbidas para os seus fans. Entón decidiron facer unhas letras máis metafóricas para que a xente non se centrara tanto no seu significado, senón en todo un conxunto de accións que eles levaban a cabo: a posta en escea, a actitude, a organización, etc… . Polo tanto o realmente interesante deste grupo non é o que poidamos interpretar das súas cancións, senón a súa actitude, e como estruturan o seu comportamento.
Neste escolleuse a canción de Fugazi “Public witness program”, porque ten unha tensión latente que pode crear certo estado de violencia no espectador, ademais de ter os agudos moi saturados, que fai que ao subirlle o volume no transistor, chegue a ser molesto.
O ritmo frenético da música contrasta co estatismo do performer, este contraste chama a atención do espectador que ve como unha acción tan dinámica no sonoro non se corresponde cunha respota no visual (o accionista permanece totalmente estático, mentres que o son sae coa súa máxima potencia dos altofalantes que ten ubicados nas orellas), o espectador busca esta resposta anímica no interior do performer (a través da porta aberta polas orellas), e ten a sensación que o seu interior se perturba e crea a parálise pola dor físico que lle produce tan alta estimulación sensorial, sen darse conta que anteriormente tapou as orellas para que non lle pasara nada.
Entón esta incomodidade desdóbrase no espectador que se sente violento pola escena que está presenciando.
Gosto de tratar o espectador a través dunha comunicación “mental”, esta dáse deixando unha porta aberta na concepción da obra para a súa intervención, dáselle a posibilidade de participar, pero esta non se fai explícita, trátase de que o público sinta a necesidade de intervir, pero hai algo (tanto no seu interior como na concepción da performance) que llo impide. Búscase esta complicidade a través do auxilio en accións aparentemente perigosas (aínda que este perigo sexa absurdo).
Trátase de crear a tensión suficiente para que o espectador se sinta abarcado por unha emoción contida.