Segunda peza da serie “paisaxes tipográficas”.
Este vídeo segue a idea do seu predecesor chispas.ttf, que consiste na xeración de letras mediante a acción.
Neste caso todo o deseño das letras xira en torno a como a tinta atravesa o plano de dentro a fóra a través da liña. A liña é unha vía de tránsito pola que a tinta flue cara o exterior.
O título está tomado dunha canción de Slint, Nosferatu man, na que dicen “I have a christmas tree inside my head”
O proxecto xurdiu como unha proposta do profesor Daniel Deluna, para a asignatura Typography in motion, na RIT.












Durante o proceso de creación do vídeo, a idea inicial foi cambiando moito. Ao principio íase facer un proceso diferente para cada palabra, xogando con como a tinta cae no papel e se move pola súa superficie, fisuras e dobreces. Para o cal se fixeron unhas letras de papel en tres dimensión para que foran moldeando a caida do chorro de tinta. Nas fotos de máis abaixo podedes ver estas maquetas.
Porén esta acción resultaba moi performática, e no vídeo non se podía apreciar moi ben a creación destas letras. Polo que decidimos incluír só uns poucos frames destas accións, a modo de flashazos.
Este traballo coas letras en papel, queda máis como algo performático e de acción, para executar diante de xente, xa que cando o chorro de tinta se dobrega nas formas da arquitectura das letras, é un momento moi intenso que só se pode experimentar vendo a acción.




















I have trees inside my head.otf
Mini DV
00:39
2008
Rochester, NY