Dislocación II

1

Durante 85 días soáron 3 bucinas de barco nunha cidade sen mar. Dúas delas estaban fóra do mosteiro apuntando cara o centro de Coimbra. O seu son planeaba por enriba da ponte que separa ao mosteiro da cidade, expandíndose entre os edificios, coma se fose unha néboa.

Vídeos de David O’Silva

2

A outra estaba baixo o chan, na entrada dun túnel semi-soterrado que ninguén sabía ben a onde ía dar. Había xente que especulaba con que cruzaba o río por baixo do chan e que se podía chegar ao centro da cidade por el. A súa entrada estaba semi-tapiada por unha parede de ladrillo que houbo que romper para poder entrar con comodidade.

1. A bucina soterrada. 2. Pintada “corneteiro” nos muros do túnel. 3. Entrada ao túnel.

3

As duas bucinas exteriores facían reverberar a cidade, o aire.

A bucina interior facía reverberar o mosteiro, a terra.

4

Decidíase a que hora soaban tirando dous dados cada día a primeira hora da mañá. O primeiro dado definía as horas e o segundo os minutos e quedaba anotado nunha folla. Logo calquera persoa podía facer soar as bucinas seguindo as indicacións da folla e anotando o seu nome nela.

5

Primeiro sonaba a bucina soterrada e logo as dúas de fóra. Quen fora que as fixese soar tiña toda a liberdade para facelo como quixese pero partíase dunha pequena partitura por se necesitaban algunha guía.

Dislocación II

O Fantasma da Liberdade
Anozero. Bienal de arte contemporánea de Coimbra
Mosteiro de Santa Clara-a-Nova
6 abril - 30 xuño 2024

Curadoría:
Ángel Calvo Ulloa
Marta Mestre