RESUMEN:
A partir do ano 2017 unha serie de artistas comezan a publicar as súa obras performáticas para instagram. Son vídeos de menos de un minuto que condensan toda a unidade da acción. Non son un documento senón pezas estruturadas para este medio, este tempo e este público que se atopa situado a menos de dous metros da pantalla do seu móbil.
O número de artistas sucédese nos anos seguintes e todos parecen compartir certas características que precisan dunha análise máis profunda. Que relación gardan co contexto sociotecnolóxico? Que novos paradoxos xorden en relación coa arte da performance? Que relación gardan coa representación dun mesmo, co humor, ou coa política? Esta investigación pretende afondar nestes aspectos para expoñer un punto de partida sobre o que presentar certos cambios paradoxais no tocante a como estes artistas se relacionan con eles mesmos, coa súa arte, co público e o contexto socio-tecnolóxico.
A performance auto-replicada: a repercusión dos valores algorítmicos na performance
Publicado no libro de actas do congreso Fugas e Interferencias. V International Performance Art Conference
Páx.32
2020