foncos

Cuarto son do proxecto fola (Colección de composicións sonoras que destrozan e rexeneran o son da gaita)

Foncos céntrase na parte da gaita do roncón. Na gaita galega o roncón nota tónica, pero na ocatava grave, é decir, si por exemplo a gaita está afinada na nota Do, o roncón vai a emitir outro Do pero máis grave que o que rexistra o punteiro. Este é un elemento moi curioso que moi poucos instrumentos teñen por defecto, como por exemplo a Zanfoña. O roncón utilízase como un pedal, como un sonido base que acompaña continuamente á melodia creada co punteiro. O pedal, esteticamente, pode funcionar como limitador de realidades, é decir, ó haber un son base de acompañamento, da un contexto ó resto do sonido que se produce. Este recurso soe utilizarse en certos documentales audiovisuais, donde para alonxar o que se ve da monotonía da realidade cotidiana e ensalzar o que se expón como algo especial que chame a atención, se pon un sonido base, que pode ser un grave atmosférico, unha melodia suxerente, ou ambientes especiais. Esto distancia o que se ve da realidade e lle da un forte compoñente de ficción. Polo que, aplicándoo á gaita, o roncón podería cunplir unha función de dar un contexto ó instrumento, de desubicalo da realidade cotidiana para entrar dentro da propia realidade do instrumento. Por exemplo, si temos unha fotografía, esta pode remitirnos máis ou menos a unha realidade, pero si lle damos a toda ela un filtro dun color, de forma que o que se vexa sexan diferentes tonalidades desa cor, temos que a relación da imaxe co seu referente se separa, e se acerca máis ó campo da ficción.

A gaita emite uns sonidos que “vibran” moito, de modo que si por exemplo duas gaitas tocan xuntas, prodúcense pequenas vibracións moi facilmente, debido ás diferentes afinacións das gaitas, as diferentes presións de aire, e as palletas de dobre caña, que de por sí xa vibran para emitir o sonido. Esto da unha gran riqueza formal e de frecuencias que se ve fortalecido pola utilización de roncóns e ronquetas, polo que utilizan aquí un papel de exlatación ou de acentuación do propio sonido da gaita; esta idea tratoa, por exemplo no tema de palexa, donde os sonidos vibran fortemente entre eles.

O roncón sirve tamén para contrastar a dureza do sonido en agudos que emite o punteiro, servindo de colchón perceptivo e lanzando un oposto en graves.

En foncos súbese o roncón de nivel e sitúao nun primeiro plano, pasa de ser fondo a ser figura, e rompe tamén coa linealidade e a continuidade do seu sonido, variando continuamente a súa altura e creando acordes consigo mesmo. A medida que transcurre o tema os sonidos comezan a coller as características do pedal de roncón, é decir, vólvese contínuo. Pero non perde a presencia no primeiro plano, senón que se expande nel, ocupándoo completamente sen deixar sitio para nada máis, pero cobrando unha grande riqueza en micro matices.