Dáme melón
Esta acción partiu como unha idea para unha inauguración que nunca se levou a cabo.
A idea consistía en xogar coa tensión entre o espectador e o performer, nun momento de nerviosismo contextual mutuo.
O final a acción levouse a cabo na aula de cuarto de escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Encima da mesa había diferentes pezas de fruta, como pera, mazá, laranxa, melocotón, etc… e tamén había un melón, ao que se lle cortara unha porción como ración, que estaba igualmente apoiado sobre a mesa, ao lado do coitelo co que se cortara previamente o melón.
O performer comeza a acción subindo e baixando unha cadeira, comeza a facer un esforzo físico que pouco a pouco o vai cansando. Cando xa parece que a fatiga é considerable comeza a dicir melón, ao principio suavemente, para rematar dicíndoo practicamente a berros e mirando para o público.
A estratexia utilizada nesta acción para poñer nervioso ao espectador e provocar tensión consiste no seguinte:
Trátase de darlle ao espectador un indicio de acción, un cebo para que o espectador só se centre nese cebo; por un lado trátase de crear unha desas situacións nas que se espera que a xente faga algo sen que se faga, como cando un conferenciante pregunta cando rematou o seu discurso, si alguén ten algunha pregunta para facerlle, ou cando un profesor pregunta en clase si alguén quere comentar algo, e ninguén abre a boca; de repente toda a xente sente a consciencia de si mesmo, sabe que lle están pedindo unha acción, pero polo contexto no que está non o fai, créase unha contradición de acción, e polo tanto unha tensión latente, e polo tanto unha interacción fustrada.
Outro punto interesante da creación destes indicios de acción, está en que a xente ou espectador de repente só se centra nese feito, focaliza a percepción a ese único punto. Isto pode ser bo para moitas cousas, como por exemplo para liberar os obxectos da tiranía do seu significado, provocado pola cotianidade e a convencionalidade.
Isto pasa por exemplo cando alguén se pon moi nervioso e ten que ter algo nas mans porque a acción que está facendo dentro dun contexto lle obliga a facelo; dá igual que obxecto teña nas mans, para a persoa que o está manipulando non significa nada, simplemente estaba cerca das mans; polo tanto o obxecto obedece aos criterios da acción, está condicionado pola tensión da acción.
A persoa pode ter tan focalizada a súa atención na tensión da acción, que pode nin saber o que está agarrando, se alguén non llo dice. Polo que poderiamos ter a unha persoa dando un telediario, agarrando un tampax que atopou no bolsillo do pantalón. Para esta persoa o tampax non significaría nada, só sería un obxecto máis da tensión, e quedaría polo tanto liberado de toda a súa convencionalidade.
Na performance Dáme melón, o obxecto que serve para este indicio de acción é o melón.
De tódalas frutas que hai encima da mesa, só o melón aparece cortado e listo para comer, polo que xa temos un primeiro indicio de acción. A medida que o performer se vai cansando empeza a decir melón; e aquí temos o segundo indicio de acción.
O espectador pode sentirse aludido a que lle dea melón ao accionista para que se refresque, xa que este o pide cada vez máis insistentemente a medida que se vai cansando cada vez máis. Non lle está pedindo explicitamente que lle dea melón, pero estase creando a tensión suficiente para que o espectador sinta esta contradición de acción, esta frustración de interacción, esta perversión do significado das cousas.