cable serie
Construción do cable serie, e mostra das conexións.
¿Como facer un cable serie?
O cable serie é necesario para comunicar o Basic Stamp II coordenador para despois cargar no microcontrolador os programas que executará. Agora imos explicar como montar o cable, e logo como vai conectado ó microcontrolador e ó ordenador. Estecable chámase RS-232
A cada número de pins -o número de pin aparece grabado na superficie de plástico donde están os buratos- que atopamos no conector da figura, soldaremos un cable de diferente cor, O ideal sería seguir a correspondencia de cor e número de pin que se poñen a continuación, para facer máis fácil explicacións posteriores:
- No Pin número 5 soldaremos un cable de cor marrón.
- No Pin número 4 soldaremos un cable de cor azul.
- No Pin número 3 soldaremos un cable de cor verde.
- No Pin número 2 soldaremos un cable de cor naranxa.
- No Pin número 7 soldaremos un cable de cor blranco-azul.
- No Pin número 6 soldaremos un cable de cor branco-negro.
Os extremos opostos dos cables que soldamos deixaranse pelados pola punta, para logo conectalos ó protoboard.
O aspecto final do cable será algo semellante ó que se mostra na seguinte imaxe, espero que vos quede algo máis curioso que a min.
Agora mostraremos como o cable RS-232 se conecta ó microcontrolador. Para eso guiaremonos pola seguinte figura que representa as patillas do microcontrolador:
Polo que as conexións quedan como siguen:
- O cable marrón vai conectado á patilla número 4 do microcontrolador.
- O cable azul vai conectado á patilla número 3 do microcontrolador.
- O cable verde vai conectado á patilla número 2 do microcontrolador.
- O cable naranxa vai conectado á patilla número 1 do microcontrolador.
- Os cables branco-azul e branco-marrón van conectados entre sí, a modo de ponte, e polo tanto non van conectados a ningunha patilla do microcontrolador.
Nota: Pódese observar como algunhas patillas reciben o nóme de P1, P2, P3 e así ata Pn, a estas patillas chámanselle pins. Esto pode traer algunha confusión, polo que cando se fale de pins referidos ó microcontrolador, hai que ter en conta que o número do pin non é o mesmo co número da patilla, e así por exemplo cando se di Pin 2 do microcontrolador, estase referindo á patilla número 7.
Non sei como se chaman realmente as patillas do microcontrolador,é un nome que lle puxen eu para non confundirme cos pins.
O aspecto final das conexións quedaría como se mostra na imaxe: