Tests de Devuison. Maquillaxe aumentada
Estes son tests de Devuison para comprobar como o programa responde á lectura de cor sobre a cara e como se comunica co son.
Son 3 vídeos que se corresponden a 3 zonas da cara.
1. boca
Test: comprobar que aparecen novos sons cando se divide a liña.
Cando se abre a boca, a liña divídese en dous, polo tanto ten que haber dous sons.
2. ollos
Test: comprobar que o son desaparece cando non hai debuxo. Abrindo e pechando os ollos, o son debe aparecer e desaparecer. Así mesmo o son ten que ser diferente cada vez que este reaparece.
3. cara.
Test: comprobar que a distancia entre as liñas é suficiente para que estas non perdan a súa identidade (relacionado co tamaño do blob). Ver como funciona a masa sonora.