Presentación de Tunicata en CICLÓN
Venres 30 de agosto
De 19,30h a 22,30h
CICLÓN
CICLÓN é un espazo, unha proposta, unha edición e unha mostra.
CICLÓN sempre é unha publicación de 100 follas e sempre fotocopiadas, un día de exposición e nesta caso un par de accións.
Tunicata (Alejandra Pombo e Berio Molina) é a nosa proposta para CICLÓN. Un filtro de papel con forma de funil. Un modulador da voz.
O venres 30 de agosto presentarémola en CICLÓN, na rúa Altamira 14 de Santiago de Compostela de 19,30h a 22,30h