piqui piqui nas parede

Piqui piqui manifest

  1. A acción-piqui debe ser rápida. Pensarse, executarse e rexistrarse nun só día.
  2. A acción-piqui é un acto de hackeo da realidade, de modificar algún elemento que rompa coa normalidade, coa cotidianidade, cos códigos do normativo, do ordinario.
  3. Na acción-piqui só se poden empregar os obxectos do propio lugar. Só se poden levar obxectos alleos se substitúes ou modifican a algún xa existente.
  4. A acción-piqui debe funcionar como unha unidade por si mesma.
  5. A acción-piqui debe poder montarse nun vídeo que non dure máis de 60 segundos sen que perda o sentido da mesma. O vídeo debe publicarse en internet (tendo en conta sempre que isto pode supoñer un perigo para a accionista-piqui).
  6. Todo o que aparece no vídeo-piqui debe corresponderse co que aconteceu diante da cámara dun móbil. Non haberá trucos de montaxe máis que os posibles cortes de fotogramas. Débese manter unha mesma unidade temporal e espacial.
  7. O son do vídeo-piqui debe ser totalmente diexético. Se hai música ten que estar presente na propia escena.
  8. A acción-piqui debe integrar tres espectadores: o propio accionista (ten algún coñecemento do que vaia a pasar); a xente que se atopa no lugar da acción (non ten ningún coñecemento do que vai a pasar e tampouco espera algo); a xente que vai vela posteriormente en internet (ten pouco coñecemento do que vai a pasar e pode que si espere que pase algo).
  9. O corpo da accionista-piqui non debe ser nunca o suxeito da acción. O suxeito da acción é a “realidade” na que esta acontece.
  10. O accionista-piqui pode refacer outras accións-piqui. As accións-piqui son de dominio público, calquera pode facelas en calquera lugar.

Os dez puntos do manifesto resúmense nun: hackear a realidade.

As accións piqui recoñécense polo hashtag #hackpiquipiqui

O Manifesto Piqui Piqui foi presentado por primeira vez na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dentro do programa das Residencias Paraíso organizadas polo Colectivo RPM. Moitas das accións realizáronse nas primeiras tres semanas do mes de outubro do 2019 conxuntamente con Macarena Montesinos.

Manifesto Piqui Piqui

Algunhas películas e accións Piqui Piqui

Piqui Piqui no cine.
Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Dúas persoas piqui entran nun cine a ver unha película. Unha delas séntase na fila 15 ao lado do pasillo e pon o seu móbil a gravar. Apunta cara a outra persoa piqui que se atopa agachada na fila 1. Está atando os zapatos. Ao rematar e antes de erguerse deixa o seu móbil no chan, o máis alonxado posible das cadeiras, detrás dunha columna e cos altavoces cara arriba. Diríxese á fila 15 e séntase a carón da súa compañeira.

O móbil que deixou no chan ten unha serie de alarmas configuradas. En cada alarma hai un son diferente: tos, pasos, campás, paxaros, corvos, aplausos, un afiador, paisaxes, efectos sonoros e voces. Van soando automaticamente ao longo da película. Unha aos cinco minutos, outra aos sete, aos catorce, aos vinte e un, etc…

Dende os asentos, as persoas piqui piqui gravan o hackeo.

Piqui Piqui nas paredes.Con Macarena Montesinos

Polas paredes de Pontevedra hai pequenos pigui. Os mini piquis.

Piqui Piqui nas tendas.
Concerto para alarmas.

VigoCon Macarena Montesinos

Unha persoa piqui camiña pola rúa comercial dunha cidade. Leva no peto varios adhesivos con códigos-alarma. Ao pasar por diante dunha tenda de roupa pega un código nos arcos de seguridade da porta. A alarma dispárase e queda soando continuamente ata que alguén a despega.

Diríxese á tenda contígua e faino de novo. Rápido. Moi rápido.

Piqui Piqui nas tendas.
Baile para alarmas #1.

Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Unha persoa piqui vai andando por unha rúa comercial de calquera cidade.
Nos brazos leva pegadas etiquetas de alarmas.
Entra pola porta dunha tenda e párase entre os arcos de seguridade.
A alarma sóa e ponse a bailar.

Piqui Piqui nas tendas.
Baile para alarmas #2.
.
Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Unha persoa piqui vai andando por unha rúa comercial de calquera cidade.
Nos brazos leva pegadas etiquetas de alarmas.
Entra pola porta dunha tenda e párase entre os arcos de seguridade.
A alarma sóa e ponse a bailar.

Piqui Piqui nas tendas.
Baile para alarmas #2.
.
Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Unha persoa piqui vai andando por unha rúa comercial de calquera cidade.
Nos brazos leva pegadas etiquetas de alarmas.
Entra pola porta dunha tenda e párase entre os arcos de seguridade.
A alarma sóa e ponse a bailar.

Piqui Piqui nos portais.
Vídeo#1.

Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Unha persoa piqui (a) vai a un portal dunha casa. Leva na man o seu móbil. Ten aberta unha app para gravar sons: voice recorder.
Chama ao porteiro, a calquera piso, 4d.
Alguén (b) descolga o telefonillo e (a) dalle a gravar.

Si? Dice a voz de (b). Xusto nese momento (a) pulsa o boton de stop e reproduce a gravación.
Si? Dice o seu móbil coa voz de (b)
Quen é? Dice a voz de (b)
Quen é? Dice o móbil coa mesma voz de (b)
Si? (b)
Si? (b no móbil)
Quen é?
Quen é?
Con quen falo?
Con quen falo? … (b) colga o telefonillo

No móbil soa (b) colgando o telefonillo. (a) sepárase do porteiro e mira a outra persoa piqui (c) que está ao seu carón. (c) gravouno todo co seu móbil. En vídeo. Xuntos diríxense cara outro portal.

Piqui Piqui nos portais.
Vídeo#2.

Pontevedra.Con Macarena Montesinos.

Unha persoa piqui (a) vai a un portal dunha casa. Leva na man o seu móbil. Ten aberta unha app para gravar sons: voice recorder.
Chama ao porteiro, a calquera piso, 4d.
Alguén (b) descolga o telefonillo e (a) dalle a gravar.

Si? Dice a voz de (b). Xusto nese momento (a) pulsa o boton de stop e reproduce a gravación.
Si? Dice o seu móbil coa voz de (b)
Quen é? Dice a voz de (b)
Quen é? Dice o móbil coa mesma voz de (b)
Si? (b)
Si? (b no móbil)
Quen é?
Quen é?
Con quen falo?
Con quen falo? … (b) colga o telefonillo

No móbil soa (b) colgando o telefonillo. (a) sepárase do porteiro e mira a outra persoa piqui (c) que está ao seu carón. (c) gravouno todo co seu móbil. En vídeo. Xuntos diríxense cara outro portal.

(sen vídeo)
Piqui Piqui no bar.
Curtocircuito.
Dúas persoas piqui entran nun bar. Son as oito da tarde e en media hora retransmiten un partido de fútbol pola televisión. Xoga a selección española contra a sueca.
Diríxense á barra e piden un par de sándwichs e algo de beber. Pagan e sentan nunha mesa. Abaixo, a carón dunha pata, hai un enchufe.
Comeza o partido. Está roto. A selección española rouba o balón e diríxese en contraataque cara a meta sueca. Unha das persoas piqui deixa caer o garfo ao chan. Agáchase para recollelo, mete a man no peto, saca outro garfo e crávao no enchufe.
Saltan chispas e mentres a xente berra apáganse a televisión, as luces e a máquina comecartos.
As dúas persoas piqui levántanse e marchan do bar.

Piqui Piqui na rúa.
Agocho inglés.

Pontevedra.Con Macarena Montesinos, Félix Fernández, Marina Iria garcia Costas, Ana Isabel Lorenzo Hermida e Valeria Martínez Lojo.

Varias persoas-piqui van andando pola rúa.
De súpeto alguén do grupo berra: home con xersei verde e con can!
Corren cara a el facendo moito ruído. Cando se xira as piqui quedan quedas, conxeladas, coma estatuas.

Algúns guións para os Mini Piqui

Os mini piquis foron en principio un piqui piqui que foi mutando ata converterse noutro piqui dentro do piqui, composto por moitos outros mini piquis. Os mini piqui son multitude e comparten os mesmos puntos do manifesto piqui, ainda que teñen liberdade de interpretación. Que é a realidade? Que son 60 segundos? Que é a rapidez, o corpo?
Pero os mini piquis si responden a unha máxima: a acción e a gravación do vídeo ten que vir precedido dun guión que debe ser comunicado previamente para que calquera poida lelo, ben sexa na rúa, na casa, en internet, ou onde sexa. E para que así claquera poida facer o vídeo.
guión piqui piqui fala xaponés
guión piqui piqui derrapa
guión piqui piqui sopra na caluga
guión piqui piqui que morde un sinal

 

guión piqui piqui que mollas os pes
guión piqui piqui que anda do revés
guión piqui piqui que rasca e gaña
guión piqui piqui que pesca no rio

 

guión piqui piqui con cans
guión piqui piqui que berra
guión piqui piqui nun banco

 

Mini piqui piqui nas paredes que contan cans
Min piqui piqui nas paredes que berran

 

Mini piqui piqui na parede que derrapa e mete un susto
Mini piqui piqui na parede que raca o cu