Accion escoitar na Ponte Vella De Lugo

Ponte sonora

Ponte Vella de Lugo
30 min
2007

Carlos Suárez, o equipo de escoitar.org e máis eu realizamos unha acción na Ponte Vella (romana) de Lugo.

A acción desenvolveuse en dúas fases:

+ A primeira fase consistiu en facer gravacións de como sonaba a ponte, para logo facer unha composición con estes sons. Esta composición serviría como base para levar a cabo a acción, é dicir, reproduciríase como un fondo sobre o que Carlos e máis fariamos improvisacións.

+ A segunda fase consistiu na acción en si. A Ponte Vella de Lugo está sobre o río Miño e a pesar de ser de pedra, está recuberta de metal en toda a superficie en contacto cos camiñantes. Así ten unha barandilla e chan de metal.

A acción consistiu en ir sacando sonoridades desta ponte a través de golpes e rozamentos.

Tecnicamente empregamos un micrófono preparado cun desatascador que produciu unha especie de filtro estilo wah wah cando era pousado e levantado da superficie.
Logo empregamos tamén catro micrófonos de contacto piezoeléctricos para sacar o son producido polas vibracións da superficie.

Podedes escoitar o son que empregamos de base para a acción, procedente das gravacións de campo que fixemos na ponte: