Comba sonora

Con Agar Fernández e Javier Tudela
Plancha de metal, comba, micrófono piezoeléctrico, unidade de efectos e equipo de son.
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
2003

Comba sonora xurde por unha colaboración con Agar Fernández e responde a unha proposta que nos fixo Javier Tudela. Ela tiña que poñerse na miña pel e eu na súa. Agar debía facer unha peza no meu lugar segundo o que ela entendía do que eu facía.

A premisa foi sinxela, amplificar sonoramente unha acción xa dada, como saltar á comba, e atopar un novo sentido por unha acentuación e saturación da presenza sonora da propia acción.

Empregamos unha plancha de metal, un piezoeléctrico pegado a ela para que capturara o son, e unha unidade de efectos que funcionaba como amplificador e saturador.