
Fol
Coiro, madeira de buxo, pallóns, corda, fío de cera, micrófonos, cable, temporizador, ordenador, euquipo de son
Fol é unha monstruosidade. Un fol xigante con roncos amputados en forma de muñóns. Un fol que se incha, se desincha e ronca, que pode ser abrazado ou golpeado, escalado ou esquivado.
Fol é unha instalación sonora producida polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para a exposición Urbanitas (2006). É tamén o proxecto final do Master en Artes Digitais da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, tutorizado polo artista Sergi Jordá.