protoboard

Como conectar o microcontrolador Basic Stamp II ó protoboard

Preparando o microcontrolador no protoboard

O microcontrolador BasicStampII é como unha especie de ordenadorde sobremesa cunha memoria interna, donde se lle graban uns programaspara que execute determinadas ordenes. Para entendernos é comoun ordenador ó que, por exemplo, se lle escribe un programa paraque cada vez que se apreta unha tecla dun teclado apareza unha letra napantalla.

Está comercializado pola compañía Parallax, e ten un prezo duns 60 euros aproximadamente. Podes adquirilo na tenda MSE de Bilbao.

Para baixar os programas ó microcontrolador, empregase unsoftware chamado Basic Stamp software que podes conseguir no seguintelink de parallax.

Agora mostraremos como preparar o microcontrolador BasicStampII para facer tódolos circuítos que levaremos a cabo posteriormente. Trátase dun pequeno circuíto de seguridade para evitar que se queime. Tamén incluiremos no circuíto base o sistema de alimentación.
Primeiramente temos que poñer o basic stamp nunha plataforma para evitar que se rompan os pins, tal como mostra a figura. Tamén temos que ter en conta a orientación do microcontrolador, marcado cun pequeno semicirculo na parte superior. Débese empezar a contar os pins a partir do lado que ten o semicirculo.

Para conectar o BasicStampII ó protoboard guiaremonos polo seguinte gráfico:

Polo tanto conectaremos:

  • A patilla número 23 (GND) á terra do protoboard (liña azul-liña negativa).
  • Na patilla número 22 (RES) non conectaremos nada, esta éa patilla para o reset, que non imos a utilizar.
  • A patilla número 21 á liña positiva do protoboard (liña vermella).
  • Na patilla número 24 tampouco conectaremos nada.

Na imaxe podemos ver como quedaría a montaxe do microcontrolador no protoboard:

Agora, montaremos o circuíto de seguridade para non queimar o BasicStampII. Necesitamos:

  • Un regulador de tensión de 5+V.
  • Unha pila de 4.5V.
  • Un condensador de V105.
  • Unha resistencia de 10 Kohm.
  • Un led vermello (que indicará si a pila está conectada, e si está está cargada).

Os leds teñen dúas patas, unha máis larga que a outra, a pata larga e o lado positivo e a corta o negativo.

IMPORTANTE: temos que asegurarnos de que antes de facer algunha modificación no circuíto, temos que ter desconectada a pila do protoboard, xa que senón podemos dañar o microcontrolador.

A gráfica do circuíto será a seguinte:

A imaxe do circuíto montado no protoboard será a seguinte: