Domingo. Ou non ter nada que facer. Ocuparse en accións que eviten afrontar a realidade. Un extravío que sume en estados perceptivos alterados, en ausencias momentáneas. Un estrañamento respecto ao entorno, no que a mirada descubre o poético do ordinario. Compartir un tempo real, o tempo cotiá. Pararse. Aburrirse. Resistir.
S/T (resaca de domingo)
Colectivo áIntemperie
Performers: Fran Buceta e María Roja
Son directo: Berio Molina
Museo Verbum. Vigo
2011