Realizáronse varias versións da acción. O vídeo mostra a que tivo lugar no festival LEM de Barcelona no ano 2003.
Nesta acción contouse coa colaboración de Chiu Longina e máis de Nyda. A esta colaboración entre Flexo, Chiu longina e Nyda, tamén lle demos o nome de QVI project
A acción consiste en ir deteriorando dous altofalantes que os accionistas levan ubicados nos seus peitos. O son é producido polos portátiles de Chiu e Nyda e é emitido polos mesmos altofalantes. Tamén se empregan dous taladros que ao mesmo tempo que emiten ruído serven para furar a membrana dos altofalantes, modificando o son que sae polos mesmos. A acción remata cando estes son destruídos por completo e xa non poden emitir ningún son.
Esta é a segunda versión da acción Furasón. En proxecto quedaron pendentes outras versións que de momento nunca se levaron a cabo, pero que se tedes curiosidade podedes consultar na sección de bosquexos.
Na pantalla proxectouse o filme do colectivo Perlora.
Recordos a María, dona da casa onde se rodou a película.
Furasón 2.0
Creación: Colectivo Flexo
60 min
2003-2004