Dislocación. Berio Molina. Festival Plataforma. CGAC

1

Durante 8 días tocamos 3 bucinas de barco nunha cidade sen mar. De mañá, tarde e noite. Decidiamos a que hora por un xogo de azar logo de almorzar. E anotabamos os tempos facendo nós nunha corda. 8 cordas. As risas poñíanos a ton para o resto do día.

2

Na nosa habitación había tres camas, un tendal, unha mesa, un espello para escondernos, caixas con cintas de vídeo e unha terraza sen porta.
Adaptámonos a vivir aí, entre ruídos de máquinas, circuítos de aire acondicionado e luces de seguridade.
Non é verdade que non puideramos falar.

3

Ao lado da habitación tiñamos un taller. Con dúas lámpadas, dous amplis, dous micros e un espello móbil. Alí probabamos cousas que logo faciamos polo resto do museo (que non é un museo) ou non. Cousas coa voz. Un día enganchamos cunha canción. pom … pom / pom … pom. Cunha cadencia que facía que puidésemos estar cantándoa todo o día sen parar.
Outro día falabamos entre nós, cada un nunha sala diferente, e contabámonos o que viamos.
– Acaba de entrar unha persoa cunha camisa a raias.
– Vale.
– Creo que a coñezo.
– Quen é?
– Xa a verás cando pase por aí.
Os amplificadores levaban á voz polas salas do museo (que non é un museo).

4

Na parede da habitación colgamos 8 caixas, unha por cada día enteiro que pasamos alí. E metimos 16 cintas de vídeo en todas elas, que Claudio foi gravando.
Unha caixa, unha película.
Das dúas cámaras que usabamos unha estragouse no 6º día ou así. Xa non tragaba máis cintas. O mecanismo que as metía non quería pecharse e cambiámola por outra que levabamos por se acaso. Acabamos con dúas sony pc110 e era chulo velas xuntas, igual de pequenas.

notas:
gravar ducha
gravar maquillaxe

3 edit 2 son baixo para facer cousas

2.20
1.80
2.2
1.60
2.10
1.60

Fotografías de Claudio Pato, Manuel G. Vcente e miñas.

Dislocación I

Exposición:
"O museo como escenario"
Festival Plataforma
CGAC
10-18 de xuño de 2022

Coa colaboración:
Alejandra Pombo Su
Claudio Pato.

Comisarios:
Performa (Iñaki Martínez Antelo, Monica Maneiro e David Barro).