A acción Fonomen 1.0 levouse a cabo no clube Vademecum no ano 2001. Dentro dunha noite especial onde Flexo realizou varias performances en colaboración co músico vigués Prozack. Fonomen logo pasaría a chamarse Acouple.
Vídeo. Cámara 2:
Texto orixinal da acción:
acouple
Son dous seres da mesma especie: metade humán e metade son. Cada un é dun xénero diferente; un fonohome e máis unha fonomuller.
Estes seres levan incorporados unhas baterías e uns reproductores de son, que é emitido polas súas bocas-altofalantes.
Os fonomenes levan a cabo unha danza de apareamento en directo por medio dos seus sons e os movementos. Estes dous curiosos seres van achegándose ata consumar o acople sonoro e físico.
A acción pode adaptarse moi ben a calquera espazo tanto exterior como interior, e non precisa ningunha adaptación técnica especial, tan só que haxa espazo suficiente para moverse e para poder desfrutalo. Pode ser necesario dous cañóns de luz e un escenario escuro, co propósito de darlle maior énfase á acción.
Esta acción fíxose por primeira vez na sala NASA de Santiago de Compostela, tamén no 2001, con tan só un fonomen.
Acouple 1.0
Creación: Colectivo Flexo
15 min
2001-2003