-oito recibe o Premio Contemporánea no Festival Intersección

A peza -oito recibiu o Premio Contemporánea na III edición do Festival Intersección (Contemporary Audiovisual Art Festival) que tivo lugar na Fundación Luis Seoane da Coruña do 28 de outubro ao 1 de novembro do 2020.
O premio foi outorgado por Contemporánea, a Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, tras seleccionar o traballo dentro da Sección Galicia do Festival.
-oito é unha peza creada xunto ao cineasta Alexandra Cancelo coa colaboración de Miguel Prado na voz, corpo e texto, Olalla Lojo na fotografía analóxica e Fon Cortizo na fotografía dixital.

Máis información na nova do portal CulturaGalega.