officmc venres
Pedro Barbosa & Jasch
Sergi Jorda & Chris Brown
Wade Matthews + Ingar Zach
eRikm
Jam final
Programación do venres e videos:
Pedro Barbosa & Jasch
Sergi Jorda & Chris Brown
Wade Matthews + Ingar Zach
eRikm
Jam final
Pedro Barbosa & Jasch .ve/.ch
Pedro é membro fundador do grupo T� cTiL e toca a guitarra. Jash é contrabajista, compositor e artista dixital.
Para o off icmc 2005, fixeron un concerto cunha guitarra (fender telecaster) e un laptop (con paleta gráfica), coa guitarra exprimian as posibilidades sonoras do instrumento e co laptop ía interaccionando a través de sons de síntese. Rasgeos, arrebatos, momentos pausados, sonidos casi imperceptibles, feedbacks, etc…
Sergi Jorda & Chris Brown .es + .us
Sergi Jorda é un Luthier dixital (FMOL, reacTable…) e improvisador (FMOL Trío, Gianni Gebbia…) e ten traballado tanto na creación de instrumentos virtuais e físicos como na construcción de instalacións e performances con entre outros Marcelí Antúnez e a Fura dels Baus.
Chris Brown, compositor, pianista e músico electrónico, crea música para instrumentos acústicos, electrónica interactiva, redes de computadores ou grupos de improvisación. Tamén ten tocado e grabado profusamente cos grupos The Hub e Room, e colaborado con John Zorn e Wadada Leo Smith.
Sergi Jorda manexaba o software creado po el mesmo chamado FMOL e Chris Brown un teclado midi, ambos cunha pedaleira de pé. Neste concerto quedou patente a importancia do software que se utiliza para facer a música e de como este pode marcar o matiz sonoro do artista. Os sonidos que saían do FMOL de sergi Jordá non eran os sonidos que máis ou menos estivemos escoitando na maioría dos artistas que foron pasando polo officmc, que si tocaban só con laptop, casi sempre sonaba os sonidos de síntese típicos do pd ou max. O eterno debate de si o software dicta ó músico ou si o músico dicta ó software, aquí quedou fechado coa idea de que o músico fai o seu software e se dictan mutuamente.
Wade Matthews + Ingar Zach .us/.es + .no/.es
Un concerto marcado pola improvisación, que parecía ser o fio conductor deste dia, e que estivo moi ben.
Os músicos estiveron moi metidos no concerto e fíxose notar na compenetración que había entre eles. Destacar a forza presencial de Ingar Zach manipulando unha chea de cacharros percusivos como unha especie de copas de metal nos que metía eses ventiladores que se compran nos quioscos e que funcionan a pila, que non paraban de xirar dentro das copas, así como arrebatos agresivos que volcaba sobre os platos da súa batería e sobre a caixa.
eRikm .fr
Colaborador frecuente de Voice Crack, Christian Marclay ou do recentemente desaparecido Luc Ferrari entre outros, eRikm fixo unha actuación que nos deixou a todos medio pillados intentando seguir os rápidos movementos cos que manipulaba os platos xiradiscos e os tres touchpad cos que contaba.
Fragmentación constante e virtuosismo extremo, dese que parece que os instrumentos parecese que forman parte do seu corpo. Ó final acabou sudando a gota gorda, e cada unha que caía da súa cabeza facía ploc ploc no xiradiscos. Fusión total de corpo e cacharrada. Unha actuación increíble que así foi recoñecida polo público cunha grande ovación.
Ó final levouse a cabo unha Jam, como consecuencia do dia marcado pola improvisación ó que asistimos, donde tocaron Sergi Jorda, Chris Brown e eRikm.