Basic soundscapes mixer
Este é un mixturador de paisaxes sonoras moi básico para unha unha instalación que estamos preparando o equipo de escoitar.org. O programa o que fai é cargar unhas cantas paisaxes sonoras (neste caso 24) e poñelas nunha interface gráfica. O usuario ao manipular esta interface vai cambiando o volumen destas 24 paisaxes.
Soundscape mixer for an interactive installation from berio on Vimeo.
Para baixar e ver en grande aquí.
O programa está deseñado para comprobar que todo funcione, é pois unha versión básica de test doutro programa máis complexo, que mostrará o mapa de México e paisaxes sonoras deste país.
O programa está feito en processing e puredata e podedes descargar o código aquí:
Os audios tedes que poñelos no cartafol wav que está dentro do cartafol sounds que está dentro do cartafol pd: pd/sounds/wav, e teñen que estar en formato wav. Non estou seguro agora mesmo, pero creo que había que nomear os nomes dunha determinada maneira, mirade o arquivo pd/saList.txt e xa o vedes.
Tamén podedes seguir o desenvolvemento deste e doutros proxectos dende o trac de escoitar: