2º Encontro Dentro-Fóra. Presentación da curta erre melón

NORMAL
20.12.2023 / 11:00h
A Coruña

O programa do 2º Encontro Dentro-Fóra xorde no contexto das residencias artísticas da Fundación María José Jove en colaboración coa Universidade da Coruña. Durante tres meses estiven traballando nunha das aulas da NORMAL producindo a curta erre melón. O mércores 20 faremos un encontro onde a proxectaremos xunto ao traballo des compañeires de residencia.

“No 2º Encontro Dentro-Fóra / Arte contemporánea en Galicia presentaranse os proxectos concluídos de Berio Molina e de Fuentesal Arenillas, así como os procesos dos residentes actuais, Sabrina Fernández Casa, Violeta Iglesias e Diego Vites, máis aló das presentacións, proponse un debate crítico por volta das distintas prácticas da escena galega e dos diferentes axesntes que se encontran tanto dentro como fóra da comunidade”

Consultar programación completa