Visualizando conceptos. Capítulo 1: Introdución
Unha colección de textos sobre a visualización e conceptos. Conceptos de programación aplicados á creación
Este é o primeiro capítulo, a modo de introdución, dunha serie de capítulos onde faremos un achegamento á visualización de conceptos e ideas a través da programación.
Da mesma forma que se fan bocetos como tomas de contactos, representación e proceso de realimentación de ideas e creacións mentais, amosaremos fragmentos de código, empregados para visualizar estas ideas, para extendelas e para crear.
Comezamos pois con esta introdución, unha serie de artigos, que poremos baixo o título de visualización de conceptos, nos que falaremos de conceptos ligados á creación e a moitos outros ámbitos como á bioloxía, por exemplo, que son representados gráfica ou acusticamente a través de código para ter unha maior comprensión, para expandelos e crear.
A extructura que rixirá está serie de artigos estará baseada en que en cada capítulo se amosará un concepto e as estratexias e ferramentas que se levaron a cabo para a súa visualización.
Ultimamente está tendo moita presencia no contexto da creación en relación cos media, o concepto de visualización (ollo, non confundir con visibilidade, do que non se para de falar no contexto da “arte contemporánea”, sobre todo aquí en Galiza. Nótese o matiz e a diferencia de actitude nos termos; mentres que visualización é activo, directo e fai referencia a un sistema construído para ver, visibilidade é pasivo, abstracto e fai referencia a fenómenos contextuais que impiden ou permiten que algo se vexa. Mentres que coa visualización o suxeito actúa sobre o contexto, na visibilidade, o contexto actúa sobre o suxeito. Boa metáfora, pero isto é outro tema).
“Esto non é unha pipa” de René Magritte. O concepto e a visualización de si mesmo manifestándose en todo seu esplendor. “Eu non son unha pipa, son unha visualización do concepto de representación a través de min mesma”.
Como iamos contando, estanse celebrando dende hai xa tempo, varios encontros, mostras, congresos, editando publicacións e desenvolvendo aplicacións, co suxeito principal da visualización de datos. Sen dúbida unhas ferramentas que se antoxan moi necesarias debido ao forte e potencial aumento da información almacenada, entre outras causas, dende que xurdiu internet e a súa inmensa capacidade para aloxar datos. Como acceder a esa información e como mostrala ao usuario para que sexa manexable e poida mostrarse dende multiples formas diferentes e dende angulosos ou directos puntos de vista, é un dos campos que está tendo máis protagonismo, como xa dixemos, nas inquietudes das mentes tageadas.
Tendo esto como primeiro punto de motivación para facer estes capítulos, e como segundo, a facilidade que proporcionan os códigos informáticos de programación para facer visibles fórmulas matemáticas, que proceden directamente do desenvolvemento de conceptos e ideas da xente que se dedica a pensar e a crear, ben observando a natureza, comportamentos sociais, desenvolvemento de máquinas, arte, etc… Decidimos facer esta serie de capítulos donde:
1. Amosarase contido relacionado coa visualización de conceptos e ideas (ollo, non coa visualización de datos).
2. Amosarase un concepto ou idea por capítulo.
3. Amosarase cal é o código empregado para visualizar estes conceptos, ben sexa con processing, actionscript ou con calqueira outro entorno. É decir, cal é o algoritmo empregado para facer visible a idea. É decir, cal é o fragmento de código que logo podemos copiar, pegar e modificar para realizar as nosas creacións.
4. Amosaranse varios traballos feitos por creadores baixo eses conceptos, que empregaron o código mostrado para levalo a cabo.
5. Amosaranse ademais os traballos históricos e pioneiros relacionados con eses conceptos.
6. Daránse referencias bibliográficas para os que queirades profundizar máis no tema.
Nota:
Os capítulos non se van a tratar dende un punto de vista especializado, senón dende o punto de vista dun usuario máis que atopa moi interesante este tema, dunha incrible beleza, e dunha riqueza tal que merece que se lle dea difusión e se coñeza máis.
Nota2:
Os libros de partida, que provocaron que esta idea de visualización de conceptos aparecera por primeira vez diante dos meus ollos, que empregaremos en moitas ocasións nestes capítulos son:
Processing: A programming handbook for visual designers and artists, escrito por Casey Reas e Ben Fry, creadores de processing.
Procesing: Creative Coding and Computational Art, escrito por Ira Greenberg.
The Computational Beauty of Nature, escrito por Gary William Flake.
Creative Code, escrito por John Maeda.
Nota3:
A peridiocidade de publicación dos capítulos non será estable. É decir, publicaranse a medida que se fagan, e a medida que vaiamos coñecendo novos algoritmos e novos conceptos.
Próximo Capítulo:
Visualizando conceptos. Capítulo 2: Os vehículos de Braitenberg.
Flock of birds from flight404 on Vimeo.
Unha das aplicacións da idea dos vehículos de Braitenberg que veremos no próximo capítulo.
Flock of brids, de flight404
Ata a próxima.