Sobre o son do vento na Torre de Hércules e en Vixía de Herbeira

Como parte do proceso de construción dos reverberos, unhas cápsulas de ferro que vibran ao recibir son, fomos gravar o son do vento en dúas zonas onde ten moita presenza: a Torre de Hércules e Vixía Herbeira.

Na páxina de xscxxtxr.org deixamos publicado un artigo onde se poden escoitar as paisaxes sonoras, ademais de ler sobre os detalles das gravacións.

Tamén se poden baixar en boa calidade das páxinas de archive.org:

Torre de Hércules
Vixía Herbeira

Os reverberos serán presentados o día 1 de agosto na Torre de Hércules, nunha exposición que celebra o aniversario do nomeamento do faro como patrimonio da humanidade.