Sobre o son das covas

A raíz do libro «Tesouro Espeleolóxico Galego» do Clube Espeleolóxico Maúxo e Alba Cid, publicado pola editorial aCentral Folque, quixemos darlle un formato audiovisual coa curta «Furada Negra». Necesitabamos rexistros sonoros dalgunhas covas galegas e guiados poles Mauxes fomos adentrándonos naquelas que consideraban máis interesantes dende o punto de vista sonoro.

Na páxina de xscxxtxr.org deixamos publicado o artigo “Covas, furnas, túneles… Memoria sonora do inframundo”, onde se poden escoitar as paisaxes sonoras que recollimos.

Tamén se poden baixar en boa calidade da páxina de archive.org: