Palexa

Segundo son do proxecto fola (Colección de composicións sonoras que destrozan e rexeneran o son da gaita)

Palexa é unha especie de espacio que a gaita utiliza para mostrar a súa presencial. Os sonidos están grabados un por un e nota por nota, cun punteiro e un micrófono de ambiente estéreo. Dando a nota e aguantandoa todo o posible ata que non queda máis aire que expulsar.

Os acordes están feitos de forma aleatoria , aínda que comenzando por sons graves para que pouco a pouco se vaia creando unha ascensión a frecuencias máis altas.

Neste tema quería que quedara claro que a gaita é un instrumento cunha identidade moi forte, apenas ten dinámica, é decir é moi difícil, por non decir imposible que se poidan facer pianos e fortes, xa que a viariación de presión de aire apenas afecta na intensidade da nota, aínda que si na altura, na frecuencia, e na afincación.

Cando fixen a captura da maioría dos sons que saen en fola, encerreime no cuarto de baño de casa, para que o sonido da gaita rebotara por todos lados ó chocar contra a superficie dura dos azulexos. Ademáis diso, puxen o punteiro ou o roncón en dirección hacia a bañeira, para que o son tamén rebotase nesas formas. Como resultado produciuse un son moi brillante e cheo de armónicos. Foi curioso que cando estaba grabando os sonidos, podía oír unha especie de acoples a diferentes alturas e dependendo de como me movese no espacio.

Esta forza presencial do fenómeno da dispersión do sonido da gaita, deixou en evidencia a riqueza frecuencial da súa forma acústica, e quixen levar esta idea hacia o tema palexa.

A idea básica da composición era buscar o frozamento e a vibración das frecuencias da gaita, para experimentar a súa forza.

Así utilicei os sons largos que fixera aguantando a respiración ata o límite, e que variaban moi sutilmente a súa altura, xa que ó ter pouco aire e facer menos presión, a afinación variaba. Fixen acordes de tres notas sostidas, para que entraran en relación entre sí, e puxeran en evidencia a súa desafinación, preceptible mediante as vibracións típicas de duas notas que soan a unísono pero que non están afinadas. Asimesmo todos os sonidos comezan cun golpe inicial, que non é máis que a forza do aire ó atravesar a palleta por primeira vez para emitir o son. Neste golpe tamén se produce unha variación considerable da altura que axuda á desafinación. Logo simplemente se lle insertou unha pequena reverb, que iba acumulando un pouco o sonido no tempo, para crear un pouco de masa.