O manifesto Piqui Piqui recibe o apoio das Residencias Paraíso
A peza Manifesto Piqui Piqui foi seleccionada polo xurado das Residencias Paraíso para formar parde do seu programa de axudas neste ano 2019. En total foron dez proxectos seleccionados por un comité formado por Sabela Mendoza (investigadora e xestora cultural galega), Roi Fernández (artista transdisciplinar galego), Laura Kumin (directora da plataforma madrileña Paso a 2), Caterina Varela e Félix Fernández (artistas e socias fundadoras de Colectivo RPM).
O Manifesto Piqui Piqui, creado xunto á músico e artista Macarena Montesinos, acompañará aos outros 9 proxectos:
- Colectivo LAG (Lara Buyo e Ana Corujo) co proxecto “Libertad Condicionada”, en residencia no Vello Cárcere de Lugo.
- Compañía Elahood (Julia Laport e Sabela Domínguez) co proxecto “Análise da “feminidade a través do Waacking”, en residencia no Auditorio Municipal de Ourense.
- Compañía Prácido Domingo (Fran Martínez, Belén Bouzas e Diego M.Buceta) co proxecto “Pentecostés”, en residencia no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
- Incendiaria (Davide González) co proxecto “Microspectivas dun marica millennial”, en residencia na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago de Compostela.
- Matías Daporta co seu proxecto “Bailarina Croma Mockup”, en residencia no Pazo da Cultura de Carballo.
- Manuel Parra / Proxecto Pank con “imaxe 5 X 3.5”, en residencia no Pazo da Cultura de Narón.
- Irene Cantero co proxecto “Los años luz”, en residencia na Igrexa Santa María da Madalena a través da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
- Antes Collado co proxecto “Crisálida”, en residencia no Teatro Colón da Coruña.
- Túlio Rosa co proxecto “Pico y pala: estrategia para los cobardes”, en residencia na Fundación Luis Seoane da Coruña.
Máis información na páxina do Colectivo RPM