Fol na exposición Urbanitas no MARCO de Vigo

Fol é unha monstruosidade. Un fol xigante con roncos amputados en forma de muñóns. Un fol que se incha, se desincha e ronca, que pode ser abrazado ou golpeado, escalado ou esquivado.

Fol é unha instalación sonora producida polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para a exposición Urbanitas (2006). É tamén o proxecto final do Master en Artes Digitais da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, tutorizado polo artista Sergi Jordá.

Fol

Coiro, madeira de buxo, pallóns, corda, fío de cera, micrófonos, cable, temporizador, ordenador, equipo de son.

Urbanitas. MARCO.

2006