Acción Son Auga de Flexo

Son-auga

Creación: Colectivo Flexo
15 min
2000
Sala Camawey. Pontevedra

Son-auga é a acción de mexar nun caldeiro e converter a urina en tormenta.
A acción comeza no momento no que o performer toma a primeira bebida e enche a súa vexiga de líquido. Cando o performer ten a necesidade de vaciala porque xa non ten cabida para máis, diríxese ao centro do local e colócase ao pé dun caldeiro metálico. Deposita o líquido, e cando caen as derradeiras pingas, o son é flúe cara unha tormenta de choiva.

O son fai unha viaxe dende o interior do corpo do performer ata as alturas desde as que sobrevoa as cabezas de todos os presentes.

Son-auga só foi realizada unha vez na Sala Camawey, en Pontevedra, dentro dunha noite especial na que Flexo realizou varias accións baixo o nome Interacción.