Fola

Fola é unha colección de temas sonoros de número ilimitado e en continuo proceso de creación. A colección nunca esta rematada, senón que está en continua relación co contexto vivencial do creador e en contexto directo co desenvolvemento dixital.

Fola está publicado polo netlabel alg-a.
ALG002 – Fola – Berio

1. rileira
2. palexa
3. ois
4. foncos
5. lausela
6. bidueival
7. zincrona
8. zoupada

Fola parte dunhas características nai que están presentes en todos os cortes, así como dunhas características filla correspondentes a cada unha das composicións. Todas as fillas teñen as características da nai, pero a nai non ten porque ter todas as características das múltiples fillas.

Características da nai Fola:

+ A fonte de todos os sons son gravacións feitas por min mesmo dunha gaita en do e outra gaita en si bemol, do artesán Seivane.
+ Só debe haber sons que proveñan destas gravacións.
+ Os sons poden ser modificados en calquera software e con calquera tipo de plugin (vst, audio units, vsti, etc…). A suma do software, plugins e hardware da máquina marcará o contexto virtual de cada filla.
+ Na gravación dos sons pode e debe recollerse calquera axente accidental físico, como tipo de micrófonos, diferencias de reverberación das diferentes habitacións onde se grave o son, ruído de manipulación (como o son do inflado do instrumento), axentes concretos como golpes, etc… A combinación destas características formará o contexto físico das diferentes fillas.