Presentación de Omnipresenza de tropicalismo no festival Plataforma
Sábado 12 de setembro 18,00h
Igrexa da Universidade
Santiago de Compostela
O vindeiro sábado 12 de setembro presentamos a acción Omnipresenza de tropicalismo dentro da programación do festival Plataforma, ás 18:00h na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela.
Omnipresenza de tropicalismo é un peza que facemos Alejandra Pombo e máis eu coa colaboración de Xoán-Xil López.
Vai un agradecemento especial a Rubén Ramos Balsa por axudarnos tanto no proceso de elaboración da acción.
Instrumentos propios e estranos: voz, tunicata, orinaco, bichería, palmadeiras… nunha contorna para deixarse levar pola emoción. Sempre empurrando a montaña na procura dunha emoción. Unha e outra vez reclamándoa para poñelo todo en chamas ao estilo de droga tropical: o carbón como piña colada, as cinzas froita da paixón e o gas, guaraná que nos manterá en trance ata o final. É que o que está máis aló das planicies non se pode saborear. Dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme dúas torradas ben molladas de manteiga para que se me pegue todo, todo, todo. Ese todo que se escapa e que é máis que a suma das súas partes. Nos fragmentos está o todo e non no todo os fragmentos: a sublimación do singular. O demais é cortiza chea de soidade que non alimenta a verdade.
Perdoade o baile.
Apertas
Máis información na propia páxina do festival Plataforma.